Moi boas, queeruñxs! A falla dunha semana para vernos de novo, seguimos nestes lares preparando o noso encontró sobre as cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor.
Hoxe queremos traervos a nosa proposta de eixos de lectura, de cara a comentar isto e moito máis no vindeiro 15 de novembro ás 19h na biblioteca do Ágora.
- Visibilidade: a nosa teima. Contades as ocasións nas que Suárez Picallo explicita a súa orientación sexual?
- Visibilidade, segunda parte: coñecíades a homosexualidade destas dúas figuras da literatura e a política galegas? Por que pensades que case non se sabe da súa orientación sexual, a pesar de que as súas biografías forman parte do currículo de estudos en Galicia?
- O exilio político, cando o persoal é político: pensades que no exilio ambos tiveron ocasión de liberar a súa sexualidade?
- O estigma: que estigma pensades que pesou máis nas súas historias: o da homosexualidade ou o a ideoloxía política?
- A pluma do que manexa a pluma: na introducción critícase o amaneiramento de Lorca e fálase dos últimos anos de Blanco amor como “un vello marica”. Ata que punto a súa pluma homosexual afectou á súa pluma literaria?
Isto é todo por hoxe, lembra reservar un anaquiño de tempo tras o encontró para tomar as cañas post-lectura 😉
