A alarma sanitaria obríganos a pechar os espazos físicos bibliotecarios e a cancelar os encontros mensuais do club. Os encontros presenciais, enténdase, porque os virtuais están animados coma sempre.

No chat do grupo falamos de coronavirus, de coronas e de virus e, como non, de libros.

Martín lánzanos un challenge, que enseguida respondimos todas, na liña da tendencia literaria #bookface, un xogo creativo que consiste en facerse fotografías substituíndo a nosa cara pola portada dun libro que queremos recomendar. É algo que habitualmente se realiza e se publica nos venres, pero nestes momentos en que o día da semana non inflúe nos nosos movementos nin dinámicas físicas (snif!), imos facelo hoxe e tamén en calquera outro momento.

Mentres planeamos a ver como podemos facer unha sesión sobre o cómic que estamos lendo para a que sería a nosa segunda sesión All Star, “Fun home: una familia tragicómica“, esperamos polas redes o teu #bookface. Etiquétanos en Instagram e Twitter para que podamos verte, @bibcoruna e @clubdelecturaqueerunha

Deixar un comentario