En pleno periodo de confinamento e distanciamento social, case unha decena de clubs de lectura e preto de 60 persoas asistimos á xuntanza virtual con Marta Sanz, autora de Sherezade en el búnker (con descarga gratuíta) ou a recentísima pequeñas mujeres rojas (dispoñible en ebiblio).
O pasado 8 de abril publicamos unha entrevista con Marta Sanz co gallo desta sesión que organizamos desde o QUEERuña en colaboración co club de lecturas feministas O cuarto propio.
O resultado, unha experiencia satisfactoria que fixo confluír persoas diversas de distintos clubs de lectura, con diferentes plantexamentos ante a mesma historia confinada.
Podes ver a sesión completa no blog dos clubs de lectura xeneralistas da Rede de bibliotecas.
