Abur 2020! E benvido 2021, aínda que por agora está a ser máis raro que un can verde. E para ambientarnos, que mellor cousa que empezar lendo El bebé verde. Porque o verde é tamén a cor da esperanza.

 

Aínda que xa limos o libro de Roberta hai exactamente 2 anos, dende entón, o mundo trans mudou dabondo: é parte destacada das axendas políticas, con una lei trans en camiño e está en plena vixencia en tódolos ámbitos culturais (como mostra, a serie La Veneno, que seguro moitos virades).

Se queredes seguir lendo algo máis sobre a mesma temática, nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos outros comics como son:

Anarcoma: obra gráfica completa / Nazario

Degenerado / Chloé Cruchaudet.

Género Queer: una autobiografía / Maia Kobabe

I.D.: ¿por qué no te gusta tu cuerpo? / Emma Ríos

Justine / Gauthier

Llamadme Nathan / Catherine Castro & Quentin Zuttion

Ranma / Rumiko Takahashi

Unas bollos de cuidado y otras formas de vida singulares / Alison Bechdel

Animádevos a seguir investigando nesta temática na nosa sección de banda deseñada. Esperámosvos!

 

 

 

Deixar un comentario