Como telón de fondo a 1ª Guerra Mundial e tras el as secuelas que este conflicto bélico deixou no protagonista de Degenerado e na construcción da súa propia identidade sexual.
Baseada en feitos reais, a autora Choe Cruchaudet mergúllanos na sorprendente historia de Louise e o seu home travestido. Unha complexa relación que nos convida, entre outros temas, a reflexión do papel que cada un deles xoga na creación da súa propia historia e sexualidade, qué é o que os define, como as circunstancias de afora alteran os seus mundos internos e constrúe quen son.

No Catálogo da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña atoparedes outras novelas gráficas de esta mesma autora nas que ten un gran peso o contexto histórico no que se desenvolven ,así como cómics de outros autores nos que se aborda o tema da transexualidade, o travestismo, a identidade sexual e de xénero ou a homofobia en tempos de conflictos bélicos e represión política.
Dende aquí propoñemos esta selección:

- Cinzia/ Leo Ortolani
- Las damas de la peste /Javier Cosnava
- Justine / Gauthier; Anne Charlotte
- La favorita / Matthias Lehmann
- En Italia son todos machos / Luca de Santis
- Face / Rosario Villajos
- Bim Bom: historias de la lucha / Arturo Infante
- Tibiris / Arnau Sanz
- El príncipe y la modista / Jen Wang
- El violeta / Juan Sepúlveda Sanchís
- Llamadme Nathan / Catherine Castro
- La mentira y cómo la contamos / Tommi Parrish
- La niña de sus ojos / Mary M. Talbot
E se queres saber máis sobre algunha destas suxerencias afíns dalgún xeito a Degenerado, simplemente preme no título que che interese e así poderás ver a sinopse, ubicación e dispoñibilidade.
Boa lectura!
