Nace na Rede de bibliotecas municipais da Coruña o cineclub, un espazo de encontro para persoas que se reúnen na biblioteca para debater e analizar pezas cinematográficas ou documentais dispoñibles na plataforma gratuíta de streaming que as bibliotecas poñen a disposición das súas socias e socios.
As bibliotecas facilitan gratuitamente o acceso aos contidos en streaming desde a plataforma eFilm Coruña e os encontros, que requerirán inscrición previa, serán conducidos polo xestor cultural e programador Mon Rivas.

O ciclo actual, que xira en torno ás realidades de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais, consta de tres sesións que se desenvolverán os terceiros martes de mes:
