A iniciativa As municipais entenden nace como tal no ano 2012 na Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, e deixou xa hai tempo de ser unha iniciativa, un impulso a unha nova e necesaria forma de facer, e pasou ser unha metodoloxía, unha dinámica e cultura organizativa que hoxe é xa habitual e impregna cada cousa que facemos. 

Vemos as diversidades sexuais e de xénero cada día. Nos mostradores, nas salas e mesas das bibliotecas, nas rúas… e, por suposto, dámoslles o seu espazo no momento de deseñar e de prestar servizos e actividades.

Intentamos explicar en que consiste neste vídeo e informe, tomando como punto de partida os 5 eixes de traballo que fomos abordando ao largo dos últimos 10 anos:

  1. materiais abundantes pero dispersos,
  2. elaboración de guías específicas,
  3. recuperación web de materiais LGTB,
  4. transversalización da cultura LGTB,
  5. colaboración con administracións e outras entidades.