O club QUEERuña en #QUEERentena: #quedaNaCasaeLe

A alarma sanitaria obríganos a pechar os espazos físicos bibliotecarios e a cancelar os encontros mensuais do club. Os encontros presenciais, enténdase, porque os virtuais están animados coma sempre.

No chat do grupo falamos de coronavirus, de coronas e de virus e, como non, de libros.

Martín lánzanos un challenge, que enseguida respondimos todas, na liña da tendencia literaria #bookface, un xogo creativo que consiste en facerse fotografías substituíndo a nosa cara pola portada dun libro que queremos recomendar. É algo que habitualmente se realiza e se publica nos venres, pero nestes momentos en que o día da semana non inflúe nos nosos movementos nin dinámicas físicas (snif!), imos facelo hoxe e tamén en calquera outro momento.

Mentres planeamos a ver como podemos facer unha sesión sobre o cómic que estamos lendo para a que sería a nosa segunda sesión All Star, “Fun home: una familia tragicómica“, esperamos polas redes o teu #bookface. Etiquétanos en Instagram e Twitter para que podamos verte, @bibcoruna e @clubdelecturaqueerunha

Cuarta edición e un parón forzado

Imos xa pola cuarta edición do primeiro e, ata o momento, único club de lectura LGTB de Galicia, un club que se consolida coma un grupo diverso e estable.

O QUEERuña, desde a última entrada publicada neste blog, seguíu reuníndose mensualmente ata o mes pasado. Hoxe, mércores 18 de marzo, teríamos a nosa sesión habitual que pospoñemos ata o próximo mércores, 25 de marzo, e que transformamos nunha sesión virtual en videoconferencia.

Mais hoxe viñemos aquí para recompilar os títulos LGTB que limos, debatimos e fixemos nosos; para sacar á luz máis materiais que nos tocan, que falan de nós.

Entre outubro do 2018 e xullo do 2019, limos 9 títulos dispoñibles na Rede de bibliotecas municipais da Coruña e algún deles (2) que podes descargar en préstamo da plataforma de préstamo de libro electrónico.

Entre outubro do 2019 e a que sería a nosa reunión de hoxe, adicamos as sesións a estes títulos:

En breve publicaremos cousiñas que nos están rondando pola cabeza, e tamén información sobre a sesión virtual.

#EuQuedaNaCasa #QUEERentena