Arrancamos, queeruñxs!

Boas!

Por fin botamos a andar o primeiro club de lectura LGTBI de Galicia! O vindeiro 28 de xuño ás 18:30h na biblioteca do Fórum presentaremos o Club de lectura Queeruña!

Twitter

A idea é que coñezamos a dinámica de cara o vindeiro curso e comentar a primeira lectura que disfrutaremos: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeanette Winterson.

Aínda que será un encontro informal, sería xenial se queredes anotarvos para vernos e falar de libros, pelis e comics LGTBI nesta sesión e a partir de setembro/outubro. Neste artigo explicamos a nosa dinámica e podedes escribirnos para contar con vós coas vosas inquedanzas a clubdelecturaqueerunha@gmail.com.

Contamos con vós para darlle pulo ás actividades da rede de bibliotecas da Coruña para este Orgullo 2016

 

O primeiro club de lectura LGTBI de Galicia

Boas! Comezamos a nosa andadura dixital do Club de lectura Queeruña, e queremos presentarvos as seccións, etiquetadas por categorías, que poderedes atopar neste espazo dixital aberto ás vosas suxerencias e comentarios!

:Ficha de autor/a: información sobre quen escribe a nosa lectura do mes.

:Ejes de debate: guías e chaves para disfrutar do material proposto no encontro físico mensual.

:Encuentro Queeruña: Resumo do encontro físico mensual.

:Cultura LGTB: información xeral sobre actualidade LGTBI.

Benvid@s!