Lecturas.gal para #DesconfinarALingua e a LGTBIfobia

En catro anos de andaina do primeiro (e polo momento único) club de lectura LGTB en Galicia, tivemos múltiples oportunidades de atoparnos coas nosas letras e coas creadoras galegas que falan de nós e para nós; que nos interpretan e representan nos diversos espazos literarios.

As letras galegas o 17 de maio teñen unha celebración dobre porque hoxe conmemórase tamén o Día Internacional contra a LGTBIfobia. Cómpre entón destacar o papel que as nosas letras e creadoras teñen na erradicación das violencias e na normalización e visiblización do colectivo LGTB.

Recomendamos aquí algunha das obras en galego que levamos lido no club (podes ver a relación completa na pestana Que limos?):

Tamén dentro da iniciativa #DesconfinarALingua da Rede de bibliotecas municipais da Coruña para as Letras Galegas 2020, as integrantes do club de lectura quixemos cubrirnos a cara con máscaras de creación en galego para destacar o papel universal e transversal da nosa lingua, eliminando barreiras abrindo a xanela grande de todo o que ofrece o idioma.

Que recomendacións nos fas ti para #DesconfinarALingua?

Máis propostas para un confinamento prorrogado

Á anterior programación de directos en instagram e sesións virtuais e abertas do club, súmanse agora estas novas convocatorias ás que vos convidamos a participar.

Para os directos, coma sempre, só necesitas conectarte a Instagram nos días e horas sinalados. Para as sesións virtuais, escríbenos un comentario nesta entrada ou un mail a bibliotecas@coruna.es e darémosche as credenciais para conectarte.

  • xoves 23 de abril: directo en IG no DÍA DO LIBRO. Martín volve poñerse ante os micrófonos para falar coa libraría Berbiriana sobre as librarías como espazos seguros para o colectivo LGTB, sobre libros e sobre o público lector. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha

directo

  • martes 28 de abril: Andrés fará un directo en IG coa Rede educativa de apoio LGBTIQ, a rede de profesorado e educadorxs en Galicia que traballan pola diversidade LGBTIQ+ nos centros educativos. Falarán, entre outras cousas, da importancia dos referentes e da literatura para un alumnado máis diverso. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha

directoRede

  • mércores 29 de abril: sesión en zoom con Pablo Carreiro, autor vigués do cómic Chico!, que vén de liberar para a súa descarga e lectura gratuíta no confinamento.
pablo carreiro e o cómic chico
Imaxe tomada de niusdiario.es

refuxiades

  • xoves 14 de maio: sesión en zoom arredor do relato A esencia da cidade que María Reimóndez creou no ano 2016 para a descarga libre polo Día internacional contra a violencia machista.
A esencia da cidade
Imaxe tomada do blog de Xerais
marilar aleixandre
Imaxe tomada de publico.es
Cappucino commotion
Imaxe tomada da web da editorial

Que che parecen as propostas? Anímaste a participar?

Vídeo da sesión dos clubs de lectura con Marta Sanz e “Sherezade en el búnker”

En pleno periodo de confinamento e distanciamento social, case unha decena de clubs de lectura e preto de 60 persoas asistimos á xuntanza virtual con Marta Sanz, autora de Sherezade en el búnker (con descarga gratuíta) ou a recentísima pequeñas mujeres rojas (dispoñible en ebiblio).

O pasado 8 de abril publicamos unha entrevista con Marta Sanz co gallo desta sesión que organizamos desde o QUEERuña en colaboración co club de lecturas feministas O cuarto propio.

O resultado, unha experiencia satisfactoria que fixo confluír persoas diversas de distintos clubs de lectura, con diferentes plantexamentos ante a mesma historia confinada.

Podes ver a sesión completa no blog dos clubs de lectura xeneralistas da Rede de bibliotecas.

 

 

 

QUEERzoom: cando o club de lectura LGTB se volviu virtual

A última sesión do club QUEERuña desenvolveuse, por pura adaptación ao medio, de xeito virtual.

Despois dos problemas técnicos de rigor (que se un conecta, que se outra está sin audio, etc) a horiña de sesión transcurriu e transcurriu ben.

A pesar de que o previsto era falar sobre “Fun home: una familia tragicómica” (esta era unha das sesións All Stars, nas que recuperamos lecturas anteriores para darlles outra volta) acabamos falando integramente de Testo yonqui, híbrido entre o ensaio filosófico e a narración autobiográfica de Paul B. Preciado e do que falamos, por capítulos, en todas as sesións desta edición.

Testo yonqui é o relato da automedicación do autor, un experimento persoal co seu propio corpo, ao que lle aplica testosterona en xel. O libro é, ao fin, unha exploración persoal e, tamén, política.

Paul B. Preciado: "El sujeto del feminismo es el proyecto de ...
Imaxe tomada de eldiario.es

Algunos toman hormonas siguiendo un protocolo de cambio de sexo, otros trafican y se administran hormonas sin esperar un cambio de sexo legal  y sin pasar por un protocolo psiquiátrico, sin identificarse como “disfóricos de género”, gender hackers. Yo pertenezco a este grupo de usuarios de la testosterona. Somos usuarios copyleft: es decir, consideramos las hormonas sexuales como biocódigos libres y abiertos cuyo uso no debe estar regulado ni por el Estado ni confiscado por las compañías farmacéuticas.

Fala de identidade sexual fluída e non estanca, de sexualidade e capitalismo, de pornografía, feminismo e da industria do sexo. Pero tamén de desexos e encontros sexuais, de hormonas, dildos e de activismo queer. Mais os termos estrela que nos sacuden son o de tecnosexualidade e farmacopornografía. Toma pepinillo!

Detrás de cada machito social se esconde un cuerpo cibernético que desea ser penetrado como una furcia, violado y humillado por una rubia fascista, por una amazona de cabeza rapada y dildo de veinte centímetros o por la metralleta de una joven saudí que exhibe su cuerpo y oculta su rostro bajo un velo. Esa es la verdad de la economía farmacopornográfica: a dick is a dick.

Un libro repleto de frases atronadoras que xeneran debate “del bueno”.

Adiamos a próxima sesión, xa centrada exclusivamente en Fun home, da grandísima Alison Bechdel, para o mércores 1 de abril, ás 20.15h.

momento brindis

Se queres unirte a nós comenta esta entrada ou contáctanos polo twitter (@clubqueerunha) e darémosche os datos necesarios para conectarte!