Se queres formar parte dos grupos de lectura QUEERuña apunta no calendario esta data: o 9 de setembro ás 10h abrirase o período de inscrición para os dous grupos, que poderás facer en liña ou presencialmente en calquera das bibliotecas.
inscricións desde o 09/09
O club organízase en dous grupos diferenciados, con reunións mensuais ás 19h na Biblioteca Ágora:
As lecturas serán idénticas nos dous grupos e faranse, por norma xeral, cun mes de diferencia. Haberá tamén lecturas e reunións conxuntas en formato dixital.
Para os directos, coma sempre, só necesitas conectarte a Instagram nos días e horas sinalados. Para as sesións virtuais, escríbenos un comentario nesta entrada ou un mail a bibliotecas@coruna.es e darémosche as credenciais para conectarte.
xoves 23 de abril: directo en IG no DÍA DO LIBRO. Martín volve poñerse ante os micrófonos para falar coa libraría Berbiriana sobre as librarías como espazos seguros para o colectivo LGTB, sobre libros e sobre o público lector. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha
martes 28 de abril: Andrés fará un directo en IG coa Rede educativa de apoio LGBTIQ, a rede de profesorado e educadorxs en Galicia que traballan pola diversidade LGBTIQ+ nos centros educativos. Falarán, entre outras cousas, da importancia dos referentes e da literatura para un alumnado máis diverso. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha
mércores 29 de abril: sesión en zoom con Pablo Carreiro, autor vigués do cómic Chico!, que vén de liberar para a súa descarga e lectura gratuíta no confinamento.
Imaxe tomada de niusdiario.es
mércores 6 de maio: monográfico “refuxiades LGTB“ e directo IG con Martín Iglesias, que dende Dresden está a traballar con persoas refuxiadas en distintos proxectos sociais e educativos. Será no Instagram do club ás 20.30h.
xoves 14 de maio: sesión en zoom arredor do relato A esencia da cidade que María Reimóndez creou no ano 2016 para a descarga libre polo Día internacional contra a violencia machista.
Imaxe tomada do blog de Xerais
xoves 4 de xuño: sesión en zoom arredor do libro A cabeza de medusa, de Marilar Aleixandre, que está dispoñible para o préstamo en GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libro electrónico.