De picnic con”Cappuccino commotion”

Arrinca a programación especial As municipais entenden 2020 co tradicional picnic de fin de tempada do club de lectura LGTB. Será o próximo xoves, 25 de xuño, ás 19h. Como vén sendo habitual mantemos a esperanza de que sexa unha tarde soleada e poder ter a Torre de Hércules de fondo, mais vendo a predición en meteogalicia empezamos a pensar en que será no Parque Santa Margarida (para variar…).

O a-b-c do picnic: traer algo de picar/beber e unirse ao grupo. Falaremos das lecturas de toda a tempada e votaremos polas nosas favoritas. EuroQUEER, para entendernos.

Un remate para esta cuarta edición que comezou coma calquera outra mais tivo unha recta final máis distópica do que podíamos imaxinar. Confinadas no medio dunha pandemia mundial, mais afortunadas de poder seguir conectadas entre nós e coa lectura como fío condutor. Foi así que multiplicamos as sesións por zoom e fixemos variados directos en IG. Fomos o primeiro club de lectura de Galicia en facer uso conxunto da plataforma de préstamo dixital GaliciaLe e foi así como nos achegamos a “A cabeza de Medusa” de Marilar Aleixandre, e ao cómic Cappuccino commotion, de Rosa Navarro.

Esta autoficción ofrécenos un relato moi íntimo para falarnos de temas moi universais: o amor, a identidade, o sexo, o traballo, a enfermidade…

Descubrí lo masculina que era mi identidad de género. Sin llegar a sentirme hombre, tampoco me sentía mujer. Me encontraba en ese lugar maravilloso del género no binario

O relato está ateigado de idas e voltas, unha montaña rusa que calquera pode identificar coma propia: o primeiro traballo, mudarse, namorarse, desenamorarse, volverse mudar… o poder da necesaria mutación para sobrevivir.

Isabel Coixet afirmou nunha entrevista que é un cómic de “aventuras sentimentales, soledad, trabajo, enfermedad, películas, novelas… tienen cabida en un libro rosa por fuera y con todos los colores del arco iris por dentro“. Certo é que está repleto de cores, e tamén de referencias cinematográficas (de aí o seu título, tomado dunha escena da película “Cosas que nunca te dije“, da propia Coixet) e musicais (ollo, que no blog BiblioSons publicaremos o sábado 27 de xuño un post cunha playlist moi queer en Spotify).

A autoficción do relato, onde a súa creadora é á vez protagonista, non deixa de recordarnos á nosa queridísima Bechdel e o seu Fun home: una familia tragicómica. Isto fainos preguntarnos: hai activismo detrás deste cómic?

Tamén nos trae á mente o relato “A esencia de cidade“, de María Reimóndez, onde Lugo e Vigo teñen un papel similar ao que no cómic de Navarro teñen Barcelona e Madrid: unha mudanza a unha cidade distinta como catalizador para o cambio.

Rosa Navarro debuxou tamén as viñetas de Salidas de emergencia.

E a ti que che suxeriu a lectura deste cómic? Vente ao picnic e coméntanolo, ou faino nos comentarios! 🙂

Máis propostas para un confinamento prorrogado

Á anterior programación de directos en instagram e sesións virtuais e abertas do club, súmanse agora estas novas convocatorias ás que vos convidamos a participar.

Para os directos, coma sempre, só necesitas conectarte a Instagram nos días e horas sinalados. Para as sesións virtuais, escríbenos un comentario nesta entrada ou un mail a bibliotecas@coruna.es e darémosche as credenciais para conectarte.

  • xoves 23 de abril: directo en IG no DÍA DO LIBRO. Martín volve poñerse ante os micrófonos para falar coa libraría Berbiriana sobre as librarías como espazos seguros para o colectivo LGTB, sobre libros e sobre o público lector. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha

directo

  • martes 28 de abril: Andrés fará un directo en IG coa Rede educativa de apoio LGBTIQ, a rede de profesorado e educadorxs en Galicia que traballan pola diversidade LGBTIQ+ nos centros educativos. Falarán, entre outras cousas, da importancia dos referentes e da literatura para un alumnado máis diverso. Será ás 20.30h no IG do club @clubdelecturaqueerunha

directoRede

  • mércores 29 de abril: sesión en zoom con Pablo Carreiro, autor vigués do cómic Chico!, que vén de liberar para a súa descarga e lectura gratuíta no confinamento.

pablo carreiro e o cómic chico
Imaxe tomada de niusdiario.es

refuxiades

  • xoves 14 de maio: sesión en zoom arredor do relato A esencia da cidade que María Reimóndez creou no ano 2016 para a descarga libre polo Día internacional contra a violencia machista.

A esencia da cidade
Imaxe tomada do blog de Xerais

marilar aleixandre
Imaxe tomada de publico.es

Cappucino commotion
Imaxe tomada da web da editorial

Que che parecen as propostas? Anímaste a participar?