O 8M é o Día da Muller: o día de todas e dende calquera perspectiva sexual. Pero isto non sempre se tivo en conta ao falar doutras realidades sexuais.
No mundo da diversidade sexual, tradicionalmente o termo homosexual empregábase para referirse a homes gais mentres que para falar das mulleres, o termo era lésbiana. A razón: considerar homo(sexual) como relativo ao home e non como o que é, prefixo que indica igualdade (como en homoxéneo). Co cambio de século impúxose o acrónimo LGTB e o mundo aparece de xeito prominente e explícito.
Dende as Bibliotecas Municipais de Coruña queremos rescatar algúnhas das autoras e obras menos populares pero destacables como son:
- Autobiografía de Alice B. Toklas/ Gertrude Stein
Gertrude Stein conta a historia da súa vida e a de Alice Toklas en París entre 1903-1933 e como desfilaron pola súa casa as principais figuras culturais de principios do S. XX. Moitas anécdotas e situacións narradas co seu peculiar sentido do humor e baixo a voz de Alice, a súa secretaria e parella sentimental. - A Virginia le gustaba Vita/ Pilar Bellver
A medio camiño entre a realidade e a ficción, reconstrúese a relación entre Virginia Woolf e Vita Sackville-West: unha relación que nos permite coñecer a ambas escritoras, situándonos no período de entreguerras e dentro do entorno do Grupo de Bloomsbury. - Poesía/ Gabriela Mistral
Premio Nobel en 1945, as obras desta profesora de escola rural son moitas e as podes atopar nas Bibliotecas Municipais de Coruña. Ainda que é difícil seleccionar unha obra ou un poema dela, por iso propoñemos este acceso ao Instituto Cervantes para coñecer e poder ler máis sobre esta muller. - ¿Eres mi madre?/ Alison Bechdel
Neste cómic, Bechdel fálanos da súa relación coa súa nai, unha muller especial: gran lectora, melóman, apaixonada actriz amateur pero unha muller infeliz… Cun estilo conmovedor, Bechdel busca respostas á súa infancia nesta viaxe a través de a súa vida. Con este cómic, regresa á saga familiar que comezou en Fun Home. - Carol/ Patricia Highsmith
A raíña do xénero negro, cambia de tercio nesta obra e métese na súa única novela de temática amorosa. Publicado en 1952 baixo o pseudónimo de Claire Morgany e baixo o título de El precio de la sal, obtivo un gran éxito de público, sendo unha puesta audaz para o seu momento pola temática tratada. Recomendamos tanto a película como o libro. - Carmen y Lola. Película premiada con 2 Goya e 8 candidaturas en 2019, cóntanos a historia de amor entre dous xitanas: un tema tabú nun grupo tan tradicional. Un film eminentemente feminina (protagonistas, directores, produtora, etc.) tamén foi seleccionada no Festival de Cannes na Quincena de los Realizadores.
